Iago Pico: «Impresiona tocar con Tanxugueiras en festivais cheos e, como produtor, non dar abasto ata o 2023»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

El santiagués Iago Pico, productor de Tanxugueiras, abrió en el 2005 Pouland Studios en una finca de Ames. «A aldea chámase Pousada e a min coñécenme como Pou. O de 'land' é porque é a miña terra», apunta aclarando el nombre del proyecto
El santiagués Iago Pico, productor de Tanxugueiras, abrió en el 2005 Pouland Studios en una finca de Ames. «A aldea chámase Pousada e a min coñécenme como Pou. O de 'land' é porque é a miña terra», apunta aclarando el nombre del proyecto PACO RODRÍGUEZ

El músico santiagués, que montó con 18 años un estudio por el que pasan artistas de distintos países de Europa, salió del anonimato al convertirse en el productor, artífice del sonido y percusionista de las pandeireteiras: «Ver no País Vasco miles de persoas cantando os seus temas en galego é incrible»

11 abr 2022 . Actualizado a las 22:58 h.

Admite que «é unha loucura» todo lo que está viviendo. «Chegar a País Vasco para tocar nun festival á hora de xantar e ver miles de persoas que se saben as cancións de Tanxugueiras en galego é incrible. En A Coruña a xente cantábaas tan alto que nos custaba interpretalas», subraya feliz, aunque extenuado, el productor santiagués Iago Pico, de 36 años, uno de los artífices del cambio musical de las pandeireteiras. Coautor de varios de sus temas, es, en su gira actual, el encargado de la percusión. «Aos que me coñecen sorpréndelles ver que me expoño no escenario. Ata agora sempre tivera un perfil baixo, fora un produtor na sombra», contrapone sonriendo al recordar su rápida trayectoria.

De niño, y compaginándolo con otras aficiones -«cheguei a xogar na selección galega de fútbol sala»-, se inicia en el conservatorio y en distintos ambientes musicales. «Nos veráns tocaba a guitarra e cantaba na orquestra Plató, de Vidán, a condición de que seguira ben no colexio. Meu pai era xefe de estudos en La Salle», destaca riendo. «Entre varios desa formación montamos un grupo heavy, Icewind, co que tocamos na Sala Capitol. Gocei moito, pero sabía que me debía centrar no que sempre quixen, o mundo da gravación. Metinme en Imaxe e Son e, con 18 anos, a familia apoioume para montar nunha finca que temos en Pousada, unha aldea de Ames, un estudo. Foi un pouco cabezonería miña, pero xa soñaba alto», explica el evocar la apertura, en el 2005, de Pouland Studios, donde trabaja y vive.

«Aquí comecei con arranxos para bandas locais coas que coincidía no TNT, o bar santiagués que xuntaba a amantes da música. Despois crecín con bandas como Nao ou Ruxe Ruxe, da que fun técnico de son. Dunha pasei a outra e iso permitiume seguir e mercar cacharrada para o estudo», apunta entusiasmado.

«Gravei dende hiphop ata corais en igrexas. Motívame a variedade, todo o que supoña un reto musical para min», encadena mientras rememora divertido que, como cantante, participó en el programa televisivo La Voz sin acceder a su fase final. También aclara que con las versiones de temas que realiza y publica en YouTube, se dio a conocer y de ellas salieron «aventuras» que no olvida. «Ata o estudo veu e gravou temas un batería sudafricano de éxito ou un islandés que logo se converteu nun afamado produtor do norte de Europa. Leva a artistas como o dianteiro da súa selección de fútbol, que é músico. Os acabados fágollos eu dende aquí», desliza con orgullo mientras muestra un entorno que no niega que atrapó a distintos artistas. «Creo que o aprecian como un centro cultural. Unha casiña no rural, con pista de baloncesto e piscina. Intentamos manter o silencio, aínda que ás veces saen concertos improvisados. O tema Muerdo de Tanxugueiras gravámolo na finca, pero ningún veciño dixo nada», precisa risueño al enlazar con su última etapa.

«Foi a raíz dunha canción, con elementos máis arriscados para a música tradicional, que lles producín, lles gustou e funcionou ben, cando creamos un vínculo forte e volqueime co grupo. Elas desfrutan da música máis alá de clixés, e iso encántame. Eu acostumo a encerrarme neste refuxio, pero estou tan comprometido co proxecto que cando me propuxeron sumarme á xira dixen "a por todas!". Saíume de forma natural. Tamén coincidiu nun momento persoal no que vivía aquí só xunto aos meus cans», razona ante una salida del anonimato que se amplificó en el Benidorm Fest. «Creo que aínda non dixerimos o que vivimos. Para min é un shock ver a xente disfrazada de min», señala. «Moitos músicos, ata de Latinoamérica, enviáronme secuencias musicais montadas con pandeiretas. A elas non lles vexo teito», añade agradecido ante una gira y un fenómeno que le obliga a hacer un alto en su ritmo habitual en el estudio, en un momento, además, en el que reconoce que se le reclama. «Ata vexo que aos nenos aos que imparto aquí clase de produción musical para a escola A Casa do Rock anotan máis nas libretas», bromea.

«Impresiona tocar en festivais cheos e, como produtor, non dar abasto ata o 2023, pero non hai queixa. É unha marabilla», resalta. «Recibín wasaps de grupos de Santiago que me recoñecían comezar con eles dende abaixo. Iso emocionoume», confiesa.

«Tras o Benidorm Fest, foi ao chegar aquí, onde vivo, e ao relaxarme con música e xunta os meus cans, cando procesei todo o que alí conseguiramos», afirma Iago Pico
«Tras o Benidorm Fest, foi ao chegar aquí, onde vivo, e ao relaxarme con música e xunta os meus cans, cando procesei todo o que alí conseguiramos», afirma Iago Pico PACO RODRÍGUEZ