Os Conservatorios de Santiago e Pontevedra promoven máis música galega para o ensino
SANTIAGO CIUDAD
Onte celebraron un concerto conxunto no Pazo da Cultura pontevedrés e este venres terá lugar en Santiago, no Centro Galego de Arte Contemporánea
25 feb 2022 . Actualizado a las 04:50 h.Hoxe • Centro Galego de Arte Contemporánea • 18.00 horas • Gratis • Docentes e alumnado dos conservatorios profesionais de música de Santiago e Pontevedra promoven cun concerto unha maior presenza da música galega no ensino. «É a primeira vez que realizamos a actividade, para animar ao profesorado a que inclúa obras de compositores/as galegos/as nas programacións de instrumentos e explorar un repertorio interesante e case descoñecido para os propios músicos. A idea era que coincidisen os concertos á volta do día de Rosalía», explica Luís Blanco, docente e coordinador da actividade no Conservatorio de Santiago. «Tentamos dar unha visión xeral, desde arranxos dunha das Cantigas de Santa María e de música tradicional, a autores do XIX, o Romanticismo e contemporáneos do Rexurdimento literario, a pezas composta no século XX, con gran peso o repertorio pianístico. Entre os autores temos obras de Marcial del Adalid, Eugenia Osterberger, Chané ou Juan Montes, entre outros», acrecenta Blanco.
Onte ofreceron o concerto en Pontevedra e hoxe será en Santiago, onde se adiou o día 17 polo loito oficial. A mudanza da data evitará a presenza de algunhas das agrupacións pontevedresas.