—Notan os centros os novos consellos escolares?
—Non houbo tempo de que se notasen moito, porque nos centros todo xira sobre a covid, pouco máis se fixo que aprobar o plan xeral anual. Son importantes, e como órgano de goberno onde están representadas familias, Administración e profesorado deberían servir para mellorar o funcionamento, a convivencia e abordar moitas situacións. Hai que xerar unha nova cultura para traballar máis de forma colaborativa e de maneira colexiada, que haxa máis participación e espazos de diálogo, non só as convocatorias que marca a lei.
—Hai expectación polo desenvolvemento da Lomloe?
—Está a pasar aínda desapercibida, e debería interesar moito, porque esta nova lei comeza a mudar os currículos o próximo curso, ou o procedemento de admisión dos centros escolares.