Zeferino Coelho conta regresar en febreiro a Compostela «cunha xoven escritora portuguesa, Joana Bértholo, despois de participar nas Correntes d'Escrita da Póvoa de Varzim. Falei co profesor Elías Torres —quen foi o seu anfitrión na recente visita con Borges Coelho— e será interesante que esa autora tan innovadora poda conversar con estudantado galego de lingua portuguesa».