O ILG homenaxea a Rosario Álvarez, Fernández Rei e Manuel González
SANTIAGO / LA VOZ
SANTIAGO CIUDAD

O Instituto da Lingua Galega (ILG) rematou a semana de celebración dos seus 50 anos de historia
23 oct 2021 . Actualizado a las 04:50 h.O Instituto da Lingua Galega (ILG) puxo o colofón á semana de celebración dos seus 50 anos de historia cunha homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, tres dos seus máis senlleiros investigadores. O acto celebrouse na Facultade de Filoloxía da USC, coa presenza do reitor, Antonio López; o decano do centro, Elías J. Feijó Torres; e o director do ILG, Xosé Luís Regueira. A laudatio estivo a cargo de Ana Isabel Boullón.