Manu Rial: «Das alarmas artesás que facía meu pai pasamos a ter hoxe 100 traballadores en A1»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Manu Rial dirige desde el 2016 la firma Seguridade A1, que su padre Manolo Rial (junto a él en la foto) fundó en 1981 en Santiago. Fue hace 5 años cuando concentraron en Boisaca sus servicios, como el de la central receptora de alarmas.
Manu Rial dirige desde el 2016 la firma Seguridade A1, que su padre Manolo Rial (junto a él en la foto) fundó en 1981 en Santiago. Fue hace 5 años cuando concentraron en Boisaca sus servicios, como el de la central receptora de alarmas. PACO RODRÍGUEZ

El santiagués que dirige desde el 2016 la conocida firma de seguridad aclara por qué no para de crecer

20 jul 2021 . Actualizado a las 01:42 h.

Se llama igual que su padre -«a el coñéceno como Manolo Rial e eu son Manu»- y desde el 2016 dirige, desde su sede actual en Boisaca, Seguridade A1, la empresa de soluciones integrales de seguridad que su progenitor creó en el Ensanche compostelano hace ahora cuatro décadas. «Xa dende rapaz me gustaba», admite a sus 35 años mientras mira con orgullo al fundador, hoy presidente honorífico, y entre ambos relatan la trayectoria de una firma que desde que arrancó en 1981 en las galerías Belén no dejó de crecer. «Eu estudara electrónica e levaba a parte técnica, na zona noroeste, dunha compañía de Madrid. Neses anos vin a oportunidade de montar aquí unha empresa propia e non dubidei», desliza el padre. «Aínda non comezara o Mercado Común Europeo. Todo eran importacións e valía a pena fabricar. Lanceime a facer alarmas. Lembro que as chapas encargabámolas a Fundiciones Franco e as pintabamos nun taller. Nese tempo non había conciencia de instalalas. Só as poñían aqueles aos que lles roubaran reiteradamente ou eses establecementos que xa esgotaran posibilidades cunha reixa ou ata cun can dentro», señala con una sonrisa mientras evoca que fueron firmas compostelanas, como el restaurante Don Quijote, algunos de sus primeros grandes clientes. «Ao principio o noso nome era P.E.D.S.A., Producción Electrónica e Distribución Santiago. Dende 1989 foi Seguridade A1. Queriamos algo sinxelo de lembrar, como é a primeira letra e o primeiro número. Xa pensabamos en ser os primeiros», remarca antes de que su hijo ponga el foco en el siguiente hito. «En República Arxentina montamos a primeira central receptora de alarmas de Galicia, un gran paso, como foi tamén o de ter unha rede de comunicación propia, unha alternativa para cando os cacos sabotaban a liña de teléfono», acentúa al recordar el despegue de una empresa que logró hacerse hueco entre multinacionales con un servicio a medida y una mentalidad reinversora. «Meu pai tiña claro que debiamos medrar para non morrer e eu penso igual», subraya al enlazar con su etapa actual.

Fue en el 2012, y tras estudiar Enxeñería Técnica Industrial, cuando Manu Rial se incorporó a la firma que ya evolucionaba hacia soluciones de seguridad inteligente mientras crecía en facturación hasta los seis millones y abría nueva sede en el polígono compostelano del Tambre y en Madrid y Elche. «Polo boca a boca chegamos a ter 7.500 clientes, entre eles, unha das 50 grandes fortunas do país. Un dos sistemas máis avanzados instalámolo nunha vivenda en Barcelona. Roldaba os 150 mil euros de inversión», encadena sin desvelar nombres. «Se nos valoran, tamén é pola discreción», asegura antes de acceder a compartir alguna de las muchas anécdotas vividas. «Nunha planta de Santiago saltaba en certos días laborables e cunha periodicidade curiosa, ás 11.30 horas, un programa de detección de incendio mediante visión artificial. Tras repasar as gravacións vimos que era por un operario que quentaba o chourizo do bocadillo cun soprete», aclara. «Dun cliente que fora durmir sen apagar ben as ascuas dunha barbacoa, o que provocara un lume no garaxe, avisounos o sistema de identificación de instrusos nas casas, que alertou do incendio», añade al rememorar con satisfacción uno de eses servicios que no olvida. «Recordo tamén que o Códice, trala súa recuperación, exhibiuse no Pazo de Xelmírez cun sistema de videovixilancia de A1. Eu era un dos técnicos», explica al repasar su progresión. «Herdamos o de ser emprendedores. Miña irmá dirixe un hotel, o Pazo da Pena de Manzaneda, e meu irmán traballa en Amazon e dende EE.UU. xestiona unha das nosas solucións informáticas que impulsa novos servizos tecnolóxicos e permite xerar postos de traballo», enfatiza al referirse ya a un equipo humano al que sitúa como el principal motivo de que la empresa crezca año a año. «É un orgullo que das alarmas artesás que facía meu pai el só pasásemos a ter hoxe 100 traballadores e que varios sigan con nós dende a orixe», destaca el hijo. «A min o que me ilusiona é que Manu estea á fronte. Moitos fillos din que si, pero logo collen moza e van por outro camiño», concluye con cariño y divertido el padre.