Alba Galocha: «Quería ser algo máis ca unha modelo»

Sara Pérez LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

RUBÉN VEGA

A actriz, que ultima os detalles da exposición colectiva que presentará este mes en Valencia, soña con volver á casa, a Galicia, e non facer nada máis que relaxarse e descansar

02 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A liberdade coa que se criou Alba Galocha (Santiago de Compostela, 1990) determinou en gran medida a personalidade cegadora que hoxe desprende. Coa mente no seu estudio de Madrid e o corazón en Galicia, hai pouco tempo que Alba comezou a dicir non.

—Deseño, modelaxe, interpretación e agora comezou a coser... O de creativa quédaselle curto.

—Tiven moito tempo para desenvolver diferentes facetas. A creatividade é inesgotable, podes educala, e canto máis buscas, máis encontras. En xeral, é algo que alimentas. Creo que é algo innato, pero tes que traballala.

—Con que faceta se queda?

—Son traballos que podo compaxinar. A moda é onde están os cartos, e é o que segue pagando as facturas. Levaba tempo debuxando e facendo cerámica, e neste ano coa pandemia puiden dedicarlle máis tempo. Viaxo menos, estou no estudio, sigo facendo probas e gustaríame traballar nalgunha rodaxe. Pero tampouco me desvivo, se pasa, que pasa. Eu sigo traballando.