Manolo Castiñeiras: «Traballei no Concello de Santiago con 6 alcaldes e aínda me saúdo con todos»

Olalla Sánchez Pintos,O. Sánchez
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Manolo Castiñeiras posa con la carretilla que tanto usó. «Así trasladamos expedientes. Á administración dixital hai que lle dar tempo», apunta riendo. «Son bromista e me gusta falar. Unha vez Arsenio Iglesias estivo toda a tarde parolando comigo na portería», recuerda
Manolo Castiñeiras posa con la carretilla que tanto usó. «Así trasladamos expedientes. Á administración dixital hai que lle dar tempo», apunta riendo. «Son bromista e me gusta falar. Unha vez Arsenio Iglesias estivo toda a tarde parolando comigo na portería», recuerda Xoán A. Soler

El conocido bedel se va tras casi 25 años y múltiples vivencias en el Obradoiro: «Fraga sempre traía a invitación na chaqueta e aínda que lle dixeramos que a el xa o coñecíamos, presentábaa»

30 may 2021 . Actualizado a las 11:00 h.

Restan dos semanas para que Manolo Castiñeiras cumpla 65 años y se jubile como ujier en el Concello de Santiago, pero el compostelano ya anticipa que lo echará de menos. «Gústame tratar coa xente. Tras case 25 anos coñecémonos todos», admite al evocar una trayectoria en la que no faltan distintos trabajos de cara al público y muchas bromas. «Eu son así. Os compañeiros tamén mas gastaban a min, ata polo nome, ao coincidir co do Códice», desliza.

Su primer recuerdo laboral lo sitúa en una imprenta en el convento de San Francisco, donde estuvo quince años. «Era bonito ver como dunhas liñas de chumbo sacabas un impreso», rememora. Justo después salta a una firma de recaudación municipal en una época convulsa. «Cobrabamos débedas ou multas para concellos. Vaste curtindo, pero aínda lembro cando nun bar, non de Santiago, onde tiña que embargar a cafeteira, o dono sacou unha escopeta. Non pasou nada», aclara riendo. En 1991 ya lo contratan en el Ayuntamiento, en una primera etapa en Raxoi diferente a la actual. «Antes os plenos notificábanse ata na casa dos concelleiros. Teño ido a Lavacolla. Non hai lugar do municipio que non coñeza», acentúa. «Un dos meus cometidos era acompañar a Antonio Fraguas, cronista de Galicia, ata o Consello da Cultura Galega. Era emotivo porque cada día contábache unha historia. Con el aprendín que unha das torres da Catedral de Santiago está inclinada», resalta. «Somos o filtro de control co cidadán. Nunha ocasión un home entrou sen parar e, ao chamalo, amosou unha chave. Pensaba que estaba no Hostal dos Reis Católicos. Moitos tampouco se dan conta de que non todo o municipal está centralizado no Obradoiro e é difícil convencelos. Non é a primeira vez que algún se nos coa e sube á alcaldía», reconoce.

Tras ese primer contacto, ficha por la Donuts. «Non era panadeiro, pero afíxenme. Dos 150 que estabamos en fabricación a maioría eran mozos e se asombraban de que eu entrara con 41 anos. Estando no forno veu meu fillo nunha das moitas visitas escolares que había», resalta. «Hai quen me pregunta se, tras traballar alí, sigo tomando donuts e digo que si. Gústanme sobre todo morniños», sostiene con gusto. «Estiven contento en todos os sitios, tamén como vixiante con Tussa na estación de autobuses ou en párkings, pero o que máis lembro é o Concello», recalca sobre una relación intermitente con Raxoi que se asienta en el 2007 «como interino».

No Apóstol o mesmo Fraga sempre traía a invitación na chaqueta e aínda que lle dixeramos que a el xa o coñecíamos, presentábaa

«Traballei con seis alcaldes, Estévez, Bugallo, Conde Roa, Agustín, Currás e Martiño, e aínda me saúdo con todos. Nós tiñamos contacto directo con eles. De portas para dentro son máis abertos», confiesa sin entrar a valorarlos. «Co xefe actual é certo que hai simpatía. Foi con quen máis anos botei», subraya. «Todas as épocas foron felices salvo os anos de tanto cambio político, que se viviron con tristeza, e que ademais coincidiron coas preferentes. Soñaba co son das vuvuzelas», enfatiza antes de encadenar vivencias. «Ás veces tiñamos que avisar á tuna para que non tocase. Arriba séntese todo», constata. «Ata hai pouco cambiabamos nós as bandeiras, subidos ao tellado, e algunha vez quedaron cara abaixo. Cando se inaugurou a rúa Manuel Fraga no Gaiás fun eu quen levei ata alí outras insignias nun R5 cun w na matrícula. Era o coche no que me movía», añade con una sonrisa. «No Apóstolo o mesmo Fraga sempre traía a invitación na chaqueta e aínda que lle dixeramos que a el xa o coñecíamos, tíñaa que presentar», remarca al hablar de una festividad que no olvida. «O día máis triste foi o de Angrois. Boteime ata as 04.30 horas ao teléfono», detalla. «Tamén, o confinamento, no que estiven aquí. Vin cousas que nunca vira, como o de crecer herba entre as pedras do Obradoiro», incide.

Ya en su lado personal destaca su pasión por el atletismo, que le llevó a entrenar en varios colegios. «Fixen ultrafondo. Mentres estaba na Donuts corrín dúas veces o campionato de España de 100 quilómetros. Terminei 45 maratóns, entre eles, o que tivo lugar en Nova York tralo 11S, pero non son supersticioso, tampouco co de xubilarme nun día 13. E iso que entre os bedeis dicimos que parece que hai unha maldición. Dous morreron tras deixar Raxoi», afirma quitándole hierro. «En realidade, xa me despedín antes das vacacións. Varios compañeiros déronme unha sorpresa e fixéronme chorar. Iso non o esquezo», concluye con emoción.