El ILG crea a plataforma Lingua Viva para reunir as doazóns lingüísticas dos galegofalantes

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

s

O proxecto está coordinado pola profesora da USC Elisa Fernández Rey

25 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago creou o proxecto Lingua Viva para recoller audios, vídeos ou mesmo conversas de wasap para evidenciar como o idioma vai cambiando. A profesora Elisa Fernández Rey é a encargada de coordinar esta iniciativa, que conta co apoio do programa de micromecenado Sumo Valor.

Esta nova plataforma do ILG permitirá recoller o patrimonio lingüístico galego mediante un método colaborativo coa cidadanía de tal xeito que todos os galegofalantes poderán achegar os seus coñecementos. Os investigadores do ILG explican que, por exemplo, a xente pode enviar as distintas expresións que emprega para amosar enfado, xa sexa a través dunha gravación ou texto escrito, e con todo ese material obtense unha representación gráfica na que se reflicten as diversas expresións que se usan segundo a idade ou o sexo. A profesora Fernández Rey explica que a finalidade de Lingua Viva é conformar un «corpus» amplo que represente de maneira adecuada a variedade do galego vivo en todas as súas expresións, contribuíndo a que a xente tome conciencia da riqueza que supoñen as linguas.