Un poema de Rosalía Fernández Rial e outro de Márcia, elixidos os mellores de Galicia e Portugal do ano 2020

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Rosalía Fernández Rial
Rosalía Fernández Rial XOAN A. SOLER

Máis de 10.000 votos participaron este ano no sexto certame aRi[t]mar convocado en Santiago

11 may 2021 . Actualizado a las 15:48 h.

 Os poemas «A reflexión», de Rosalía Fernández Rial, e «O verão sabe-me bem», de Márcia, foron elixidos os mellores publicados o ano pasado en Galicia e Portugal, respectivamente. As dúas autoras gañan o certame aRi[t]mar, convocado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago con apoio de institucións dos dous países. A deste ano é a sexta edición e tivo récord de participación, pois superaron os 10.000 votos para poemas e cancións, as dúas modalidades que contempla, informa o centro educativo.

 As cancións gañadoras foron da galega Guadi Galego e da portuguesa Cláudia Pascoal, segundo se anunciou en marzo. Unha terceira distinción que concede é á Embaixada da amizade galego-lusófona, que este ano fuo para o escritor madeirense José Viale Moutinho.

 Os poemas e as cancións que gañaron serán interpretados polos seus autores nunha gala de entrega de premios que se realizará o próximo outono, avanza a Escola de Idiomas de Compostela.