santiago / la voz

Cientos de redacciones y dibujos de las niñas y niños que viven en los veinticinco municipios que abarca la edición de Santiago de La Voz de Galicia han recreado su entorno de vida más inmediato en una nueva edición del certamen infantil Coñece o teu concello. La pandemia está presente en muchas de estas visiones, pero con un tono optimista, de esperanza en que pronto será superada y que cuando sean mayores quedará en el pasado como un mal recuerdo. La mirada de los más pequeños, expresada en dibujos (hasta 8 años de edad) y redacciones (de 9 a 12 años), se fija en lo mucho que hay de bello en los lugares donde residen, pero también descubren necesidades para seguir mejorando. Solo seis trabajos podían ser premiados, pero todos los presentados, por diferentes motivos, son merecedores de distinción. Los dos primeros premios de cada modalidad, redacción y dibujo, recibirán sendos IPad mini, así como un ordenador portátil sus colegios; y tabletas los cuatro accésits. La Voz organiza el certamen con la colaboración del Concello de Santiago y la Diputación de A Coruña.

En la modalidad de dibujo, el primer premio es para Marcela Taboada Mosquera, de 8 años, alumna del CEIP Pío XII, de Santiago, por una original visión del casco histórico, realizada a lápiz, a través de la mirada de la figura de Ramón María del Valle-Inclán en su banco de la Alameda. Los accésits correspondieron a Candela Queiruga Ferreiro, de 7 años, alumna del Colexio Plurilingüe Vilas Alborada, de Santiago, por una original panorámica en acuarela de los tejados de Compostela; y a Antonia Castro Castro, de 8 años, alumna del colegio Manuel Peleteiro, de Santiago.

Concurso de redacción

Primer premio

Santiaguiño do meu corazón

Canto tempo fai! Acórdaste do noso Santiago? A nosa vidiña... que diferente era! Agora non vemos as caras que forman este lugar. Pero iso non me impide seguir descubrindo a nosa cidade.

Decidín facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago. Ao chegar ao alto do Monte do Gozo caíanme unhas gotiñas de choiva que tanto din desta cidade de pedra; a choiva non é a miña mellor amiga, xa que as miñas amiguiñas, as nubes, choran sen cesar. Vin toda Compostela, puiden apreciar a beleza das torres da catedral, que é algo que pasa desapercibido para os que vivimos todos os días nesta fermosa cidade. Desvieime do camiño cara a Sar. Cheguei alí e detívenme na ponte do río, que se atopaba tranquilo seguindo o seu leito con algún que outro patiño. Cando acabei de contemplalo, emprendín o camiño cara a zona vella, subín a costa de Castrón Douro recén arranxada, puxen rumbo á Alameda para entrar pola Porta Faxeira. Avancei pola rúa do Franco e vin cantidade de bares, moitos pecharon e outros mantéñense en pé. Só con pensar na cantidade de familias que perderon o traballo por culpa da pandemia sinto moita dor. Din unha volta para non perderme nada dos arredores da catedral, vin moita fermosura: a Facultade de Medicina onde se preparan os que están dando a súa vida por nós, a Praza da Quintana, chea de historia... sabías que en tempos pasados era cemiterio da cidade? O meu destino final é a Praza do Obradoiro, que é o corazón e símbolo histórico da cidade. Onde os peregrinos satisfeitos de ter chegado tíranse no chan cansos. Agora tócame a min tirarme nel e contemplar a catedral, que leva en pé máis de 800 anos e que oculta moitos segredos. Aquí remata o meu pequeno percorrido.

Non parei de falar desta cidade de ensono, dos seus rincóns e segredos, pero non falei do máis importante: Santiago non sería Santiago sen as persoas que o formamos. Cada un de nós pasamos por momentos difíciles, temos debilidades e dons. Non importa como sexas, negro ou branco, home ou muller... ti formas parte do Santiaguiño do meu corazón. Sara Casás Fraiz. 11 años. Colexio Nosa Señora dos Remedios. Santiago

Accésit

Ai Santiaguiño

Ai Santiago, ai Santiaguiño, / Este ano estás moi soíño, / nin peregrinos nin turistas, / veñen facerte visitas. / Eu non sei que facer, / para poderte entreter. / Paseo pola Alameda, / e polo parque de Galeras. / Subo ata o Pedroso, / e para que vexas que non son folgazán, / ata coñecín un monte novo / cun señor chamado Breogán. / Fun á Cidade da Cultura, / percorrín o río Sar / dende o lugar do Paxonal / e ata o vin pasar por Vidán. / Camiñei pola zona vella, coñecín o castelo da Rocha, / fun mercar a Salgueiriños / e iso que vivo no Castiñeiriño. / Xoguei nas prazas do Ensanche, / fun ao cine ás Cancelas, / visitei aos bisavós en Boisaca / para poñerlles unhas velas. / Como este ano non hai fútbol en Santa Marta, / Corrín por San Lázaro e fixen bici na Sionlla, / tamén nadei en Santa Isabel, / co meu clube de triatlón que mola mogollón / vaia, que estou esgotado, / esperando que isto remate, / para compartir con todos dunha vez, / toda a beleza que ti tes. / Ai Santiaguiño, ai Santiaguiño, / pronto encherase de novo o teu camiño, / o noso apóstolo terá visitantes / e o botafumeiro moverase como antes. / Por fin véxote un sorriso / e xa me conformo con iso, / porque este virus non poderá / con Compostela nin cos composteláns. Miguel García Mirás. 9 años. Chester College. Montouto, Teo.

Accésit

A promesa dun neno

Lois é un rapaz xalleiro que quedou enganchado polo feitizo da pesca. Goza pescando, pero a maior parte das veces soñando. O neno e o seu compañeiro Xosé, un home sabio e curtido, achegáronse ao río Abuín. Ían cargados de aparellos e con sacos cheos de ilusión. Este non é un río calquera, e o río que nace e rodea Freixeiro, a súa parroquia, e segue serpenteando por Ser e Alón, para desembocar no Xallas no lugar de Truebe. O río discorre de forma paseniña debido á horizontalidade da chaira xalleira. Nas épocas chuviosas acostuma desbordarse nas súas marxes, formando uns marabillosos prados naturais. Como o agradecen as vacas deste concello!.

Nesta xornada vivíronse momentos sosegados, fascinantes... pero tamén intres desesperantes e desilusionantes... Xosé, sentadiño enriba dun penedo e coa voz entrecortada, dixo: «Agora a pesca é inútil, rapaz!. Cando eu era mozo, neste río había moitas troitas, eran escuriñas e pequechas, pero as máis fermosas da nosa contorna». A tristura desbordaba as súas palabras e cheo de rabia alzou a voz e seguiu dicindo: «Os verquidos, as augas residuais, o furtivismo... Este río xa non é capaz de producir máis vida!. Coas bágoas nos ollos, Lois achegouse a el, prometéndolle que loitaría, con todas as súas forzas, polo futuro da nosa terra e por unha xustiza ambiental, para poder seguir soñando!. Juan Manuel Veiga Rieiro. 11 años. CEIP Barrié de la Maza. Santa Comba.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«Este virus non poderá cos composteláns...»