Santiago: Hemeroteca | 1991 | Conxo, «en pé de guerra» pola vía Cornes-A Choupana
Había malestar veciñal polas expropiacións de preto de 400 parcelas e vinte vivendas
La Voz de Galicia
Os veciños de Conxo amosaban o seu malestar polas expropiacións para a vía entre Cornes e A Choupana, que afectaban a unhas catrocentas parcelas e vinte vivendas. Así, indicaban que o barrio se poría «en pé de guerra» se as expropiacións lle prexudicaban. Nese sentido, desde a Asociación de Veciños Doutor Maceira canalizaban as demandas dos afectados e xa rexeitaran o primeiro proxecto realizado para dotar de novas vivendas aos afectados, xa que consideraban que non eran axeitadas para persoas de avanzada idade. Tamén estaban preocupados polo importe das expropiacións.
También en La Voz
Ingresada en la uci por primera vez en Galicia una menor de 10 años con covid
La Voz de Galicia
Ángel Paniagua
Comentarios