Moksín, Dinahosting e Revista Pincha gañan os premios Manuel Beiras

O certame promove o uso do galego no ámbito empresarial


Santiago / La Voz

Revista Pincha na categoría de nova incorporación ao galego; Dinahosting, na de uso continuado do galego; e Moksín, na de empresa cunha comunicación innovadora, son os gañadores dos premios Manuel Beiras, entregados onte no Teatro Principal.

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan os Premios Manuel Beiras, que neste 2020 chegan á súa vixésimo primeira edición, co obxectivo de achegar un recoñecemento público ao uso do galego no ámbito empresarial, como eido de gran relevancia no proceso de normalización do uso social da lingua galega. Con este recoñecemento pretenden contribuír á difusión das boas prácticas comunicativas en galego e poñer de manifesto as vantaxes de incorporar a nosa lingua para o sector socioeconómico.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Moksín, Dinahosting e Revista Pincha gañan os premios Manuel Beiras