Recoñecemento aos profesores Vicente Blanco e Salvador Cidrás

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Vicente Blanco e Salvador Cidrás, á dereita, gañan o XL Premio Marta Mata de Pedagoxía
Vicente Blanco e Salvador Cidrás, á dereita, gañan o XL Premio Marta Mata de Pedagoxía CEDIDA

Os docentes do campus de Lugo caban de recibir en Barcelona o premio Marta Mata de Pedagoxía

28 nov 2020 . Actualizado a las 11:28 h.

Os profesores da Área de Didáctica da Expresión Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Vicente Blanco e Salvador Cidrás veñen de acadar o Premio Marta Mata de Pedagoxía (na súa 40 edición), un galardón convocado pola Asociación de Mestres Rosa Sensat, co traballo «Debuxar o mundo: xogar, crear, compartir».

Blanco e Cidrás, que recolleron este xoves en Barcelona o galardón, manifestaron a súa gratitude pola consecución dun premio que se convoca cada ano co obxectivo de promover, recoñecer e da a coñecer o traballo renovador de mestres, profesores e outros educadores, xa en equipo ou de xeito individual.

No traballo premiado, Blanco e Cidrás recollen algunhas das propostas de debuxo resultantes do seu labor en obradoiros de procesos creativos desenvolvidos con nenos e nenas de educación Infantil e Primaria en colaboración con escolas, familias e colectivos interesados nas metodoloxías activas.

Debuxar o mundo: xogar, crear, compartir, un volume que proximamente verá a luz en castelán e catalán logo de acadar o Premio Marta Mata, constitúe o segundo libro de temática pedagóxica do que son autores Blanco e Cidrás, tras o tamén premiado «Educar a través da arte. Cara unha escola imaxinada», gañador no Certame Educa Compostela para agora formar parte da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora, dirixida polo catedrático de Educación Antón Costa.

.