Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Peche perimetral

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

SANTIAGO CIUDAD

19 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A nosa sociedade leva anos cambiando a unha velocidade que, a simple vista, non é doada de apreciar. Que (case) todos teñamos coche, que as comunicacións fagan máis rápidos os desprazamentos, pero tamén a transformación cultural que fai que entendamos de xeito distinto o que é unha viaxe ou un desprazamento, inflúen nisto. Podémolo observar estes días co peche perimetral de Santiago de Compostela.

Nas últimas décadas, as vilas do Barbanza foron perdendo servizos a moita velocidade. Non todas do mesmo xeito, claro: mentres os negocios de proximidade, coma os supermercados ou os bares, séguense a manter (aínda que os supermercados tamén se están concentrando nos extrarradios das capitais municipais), outros ámbitos como as tendas de roupa, os electrodomésticos, ou o cinema teñen máis dificultades. Para accederen a eles, os barbanceses prefiren, en moitos casos, coller o coche e achegarse a Santiago.

As cidades sempre tiveron historicamente esa función, claro, serviren como centros de redistribución. Pero antes acudíase de xeito puntual, nas feiras, ou en casos excepcionais, como cando había que ir ao médico. Hoxe en día a oferta de Compostela suple as carencias de todo ese entramado de pequenos negocios das vilas e acudir á cidade xa non ten nada de excepcional, é parte do menú.