Strelia Electrotecnia, Numax e Cantigas e Agarimos reciben os Premios Manuel Beiras do 2019
SANTIAGO CIUDAD
Promovidos pola Cámara de Comercio de Compostela, chegaron á súa vixésima edición
17 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Strelia Electrotecnia, Numax Sociedade Cooperativa e a agrupación folclórica Cantigas e Agarimos son os gañadores da vixésima edición dos Premios Manuel Beiras, promovidos pola Cámara de Comercio para distinguir o labor en favor da lingua galega na empresa. Os galardóns foron entregados no Teatro Principal.
Strelia Electrotecnia foi a empresa gañadora na categoría de uso continuado do galego. O xurado premiouna por «empregar o galego nun sector empresarial innovador e dinámico como é o da electrónica de telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética». Numax recibiu o galardón na modalidade de nova incorporación. No seu caso, o xurado premiou «incorporar a lingua a un proxecto empresarial que tiña tanto de arriscado como de atractivo e innovador». Destaca que Numax representa «un lugar onde o galego comparte protagonismo coas historias que alí suceden». E a distinción especial foi para a agrupación Cantigas e Agarimos, «unha entidade que xa forma parte do valioso patrimonio cultural da cidade de Santiago».