Viaxe na procura dun sentido ontolóxico


É xa moi firme a traxectoria poética de Gonzalo Hermo, quen, tras Crac e Celebración, edita agora A vida salvaxe, pero o fío que vencella as anteriores entregas segue aínda presente nesta busca do sentido da vida e do paso do tempo que a configura. Unha viaxe a través da escrita na procura dun sentido ontolóxico que é, asemade, persoal e universal. Mais ese transcorrer da vida humana non está só perante o tempo, está tamén a carón da natureza, noutro tempo, antigo e eterno a un tempo.

O poemario descoloca o lector ao comezar polo epílogo, que apunta coma unha frecha o sentido profundo do libro: a escoita do atemporal, que, non obstante, se mestura coas experiencias biográficas do eu lírico e coas etapas da Humanidade.

Hai que saber aceptar o abalar do tempo natural, saber procurar o Eu ancestral que entende o salvaxe, nunha experiencia de intuición, de coñecemento de nós mesmos, fundir vida e escrita. Non se busca a orde nin na escrita nin no mundo, senón o sentir coa vida, malia a finitude do Eu.

Unha poética máis repousada, máis accesible que nas outras entregas do autor, na busca dun outro sentido.

«A vida salvaxe»

Gonzalo Hermo

(Santiago de Compostela, 2018)

89 páxinas

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Viaxe na procura dun sentido ontolóxico