Domingo Tabuyo conquista un novo galardón poético

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

MARTINA MISER

Gañou o premio de Poesía Camiño de Santiago convocado pola Academia Xacobea co patrocinio de Edicións Carena 

18 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A primeira edición do Premio de Poesía Camiño de Santiago convocado pola Academia Xacobea co patrocinio de Edicións Carena e a colaboración de Secretaría Xeral de Política Lingüística estreouse cunha boa acollida e un gran nivel de calidade. Un total de 18 obras enviadas desde distintos puntos de España e América concorreron a este certame co que a entidade con sede en Santiago de Compostela afonda no seu afán de dar presenza ao Camiño e ao fenómeno xacobeo no eido da literatura.

Tras examinar e valorar todas as obras, o xurado acordou por unanimidade conceder o galardón a Das viaxes maiúsculas, o orixinal presentado polo profesor do IES Asorey, de CambadoS, Domingo Tabuyo baixo a plica Das reflexións imperfectas. O xurado valorou a súa «brillante imaxinería poética e a súa innegable capacidade simbólica, que invita ao lector a adentrarse no cosmos xacobeo a través dunha escritura fondamente conceptual y suxestiva, que se serve con mestría do endecasílabo branco e o verso libre».

Para Tabuyo este non é o seu primeiro galardón poético. Con anterioridade xa fora premiado en certames como o do Concello de Ourense (1997) e o Avelina Valladares.