Tras os pasos de don Antonio

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

YOLANDA NIETO

O Concello organiza un roteiro para dar a coñecer a relación de Antonio Fraguas con Santiago

07 may 2019 . Actualizado a las 23:57 h.

Do Museo do Pobo ata a carballeira de Santa Susana con outras seis paradas intermedias para dar a coñecer a relación con Santiago de Antonio Fraguas, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. O roteiro promovido pola Concellería de Acción Cultural celebrarse os días 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de maio. «Queremos celebrar a figura de don Antonio, un persoeiro central na cultura de Compostela», asegurou a concelleira Branca Novoneyra, destacando que aínda ten moitos amigos e alumnos vivos.

O paseo, segundo detallou María Abelleira, de Maos Innovación Sociais Sociedade Cooperativa, comenzará no Museo do Pobo, onde falarán da infancia e xuventude de Fraguas. A seguinte parada será na praza de Feixoo, onde residiu na súa etapa de estudante. Tamén ligada a esa vida académica está a Facultade de Xeografía e Historia. O percorrido continuará polo Colexio de Fonseca, sede do Seminario de Estudos Galegos, e tamén se deterá xunto a árbore da ciencia, onde falarán da represión que sufriu Fraguas. Outro dos referentes será o IES Rosalía, onde foi docente, antes de achegarse a Santa Susana, para abordar a faceta etnográfica.

A actividade é de balde e en cada xornada poden participar un máximo de 50 persoas. É preciso inscribirse previamente en paseos.compostela@maos.gal. Os horarios son diferentes segundo a xornada.