Nanocoche holandés

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOR DA CIENCIA

SANTIAGO CIUDAD

Ben Feringa (segundo por la izquierda) con Diego Peña Gil, Martín Fañanás y Fernando López, que fueron sus discípulos mientras hacían el posdoctorado.
Ben Feringa (segundo por la izquierda) con Diego Peña Gil, Martín Fañanás y Fernando López, que fueron sus discípulos mientras hacían el posdoctorado. Ciqus

05 may 2019 . Actualizado a las 17:22 h.

Oholandés Bernard Feringa gañou o Premio Nobel de Química en el 2016 (compartido con Jean-Pierre Sauvage e Fraser Stoddart) polo deseño e síntese de máquinas moleculares: moléculas que executan un movemento. O seu tamaño é da orde de nanómetros (millonésimas de milímetro). É algo que xa existe de xeito natural, para facer posible a actividade dos seres vivos, pero o reto era podelas construír artificialmente e que fosen manipulables baixo o noso control.

Chegar a ese punto implicou unha cadea de avances, que empezaron xa nos anos 80 co traballo de Jean-Pierre Sauvage (que estivo en Galicia o pasado mes de novembro) e chegaron a un cumio en 1999, cando o equipo de Feringa construíu o primeiro motor molecular. Demostraron ademais que era posible facer estas nanomáquinas mediante síntese química en disolución, conectando selectivamente átomos e fragmentos moleculares. Fabricou unha hélice nanométrica, facendo que dese voltas na mesma dirección mentres estaba conectada a unha superficie. Non só iso: con varias hélices construíu un carro que foi capaz de arrastrar un cilindro que era 10.000 veces máis grande ca elas e mesmo fabricou un coche de poucos nanómetros.

Feringa ten boa vinculación con Galicia, que xa visitou varias veces (na última, en 2016, case lle pillou aquí o anuncio do seu Nobel). Esta semana volverá novamente, para participar nas actividades divulgativas do Programa ConCiencia e ser investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago, na que investigan tres antigos discípulos seus.