Os santeiros

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

SANTIAGO CIUDAD

30 abr 2019 . Actualizado a las 17:40 h.

que escribe, que ten catalogados os hórreos máis longos do mundo, foi seducido por xente dun grupo de Facebook para facer o mesmo cos cruceiros, e en breve período de tempo, láser na man, fixo o itinerario marcado pola lista prevista para determinar cales eran os máis altos -polo momento, de Galicia-, porque haberá que investigar se os bretóns ou os portugueses teñen fustes máis longos (así saíu publicado neste xornal). A divulgación de determinadas características dos nosos bens patrimoniais produce na cidadanía interese e, ao mesmo tempo, orgullo de figurar no cume do patrimonio peninsular, polo que os mandatarios chegan a preocuparse máis por el e podemos conseguir afastarnos do desleixo xeral que parece que moitos teñen. Un país que está orgulloso do seu é un país que prospera sobre bases firmes.

O que sabe moito de cruceiros é Juan Cabeza, un artista -así se define el- que se dedica á restauración e á lectura da historia. El foi quen me falou dos santeiros, unha estirpe de canteiros de Chave (Lousame) que fixo gran parte dos cruceiros das comarcas das Rías Baixas. Avó, fillo e neto que herdaron o saber de ir ao monte a escoller a mellor pedra, que non era de granito, senón de arenito silíceo como a que utilizan na Sagrada Familia de Gaudí, que é mellor de traballar á man, e que baixaban do monte xa traballada.

Pola configuración das súas obras, Juan Cabeza explica que tiveron que aprender no obradoiro de Gambino, en Compostela, sogro do escultor Ferreiro, un noiés que traballou na catedral de Santiago. Era xente formada na academia, que non deixaron herdeiros.