Éxito de «Debullando o tempo»

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

O espectáculo abreu os actos do 25 aniversario da Asociación do Traxe Galego

23 feb 2019 . Actualizado a las 01:21 h.

O Auditorio de Galicia encheuse para asistir a estrea do espectáculo Debullando o tempo, que abreu as actividades da Asociación do Traxe Galego para festexar o seu 25 aniversario. Trátase dunha peza na que se mestura o teatro, a musica e a danza. Nel participaron oitenta socios do colectivo e contaron coa colaboración de Ultreia e A Rexionalista de Teo.

Debullando o tempo estaba estruturado percorrendo o paso das estacións. Así, na primavera tocou a sementeira; no verán, é tempo de romaría; no outono chega a colleita; e, para finalizar, no inverno chega o entroido e o tempo da lareira. Todo isto representado nesa simbiose de teatro, música e baile, unha fórmula coa que conquistaron ao público asistente.