O proxecto Youtubeir@s para difundir o galego medra con máis premios e actividades

O prazo para remitir os vídeos autoproducidos abreuse hoxe e rematará o 27 de setembro 


Santiago

Promover e darlle visibilidade ao galego a través de YouTube. Ese é o obxectivo do proyecto Youtubeir@s, que alcanza a súa terceira edición medrando ao incorporar novos premios e actividades, como a creación dunha comunidade de youtubeiros e a organización dunhas xornadas para reflexionar sobre o panorama creativo. «O proxecto naceu co obxectivo de encher a rede en galego e quere ser máis ambicioso», sinalou a coordinadora da iniciativa, Mónica Fernández Valencia.

Nesta edición, o certame repartirá 6.500 euros en premios, coa incorporación dun novo galardón para a mellor mostra das cualidades cantando. Poden participar todos os maiores de 14 anos con vídeos autoproducios en galego, de menos de cinco minutos e difundidos a través de Youtube. A inscripción está aberta desde hoxe ata o 27 de setembro e haberá catro categorías: facermos, opinarmos, cantarmos e canle.

Nesta terceira edición adheríronse novos concellos á organización e xa suman trece. Deste xeito, participan os servizos de normalización lingüística de A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, as tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo) e a Deputación da Coruña.

Nas dúas edicions anteriores sumáronse máis de 2.000 minutos de vídeos en galego e os participantes da iniciativa superaron os 400. Ademais dos vídeos, o programa tamén inclúe formación, que nesta terceira edición estará centrada especialmente na comunidade educativa. 

A Deputación da Coruña promovorá dúas iniciativas no marco do proxecto. Trátase de Youtubeir@s en conexión, que busca consolidar a comunidade xa existente e ampliar a súa base social. Nese senso, organizaranse un encontro no que os asistentes poderán compartir a súa experiencia con creadores de vídeos. Ademais, terá lugar unha xornada para reflexionar sobre o proxecto e os seus obxectivos. «Youtubeir@s é un formato moi atractivo para as persoas novas», destacou a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, incidiu que tamén pon en relación aos mozos cos maiores.  Pola súa banda, o rexedor compostelán, Martiño Noriega, resaltou a colaboración institucional e o impacto cada vez maior da iniciativa. Ademais, anunciou que están traballando na creación dun colectivo de concellos en defensa da lingua galega. «Non podemos perder de vista que o galego é un patrimonio e se esmorece é unha catástrofe», indicou o vicereitor de Planificación da USC, Gumersindo Feijóo, durante a presentación da nova edición na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O proxecto Youtubeir@s para difundir o galego medra con máis premios e actividades