O CDG dá voz á dramaturxia galega na nova tempada

Ademais da produción propia, dúas pezas de Roi Vidal Ponte e Esther Carrodeguas, varias das coproducións baséanse en textos de autores galegos


Santiago

Unha produción propia e cinco coproducións conforman o eixo da programación do Centro Dramático Galego (CDG) na primeira parte de ano e nela toma voz a dramaturxia propia. Así, a Neorretranca e posmorriña -a montaxe da compañía pública galega desta tempada-, que está baseada en textos de Esther Carrodeguas e Roi Vidal Ponte, hai que engadirlle outras coproducións que teñen como autores a dramaturgos contemporáneos. 

A primeira coprodución en representarse será Doppelgänger, de Berrobambán, sobre un texto de Paula Carballeira, un traballo ademais en conxunto coa compañía colombiana El Arca de N.O.E. (do 24 ao 27 de xaneiro). Despois chegará A compañeira de piso, con Contraproducións, escrito pola estadounidense Jen Silverman (do 28 de febreiro ao 3 de marzo). Despois regresará a dramaturxia galega con Invisibles, de Redrum Teatro, que escenifica un traballo de Montse Fajardo (18 e 19 de maio). A programación continuará achegándose á danza cunha peza creada polo bailarín e coreógrafo Javier Martín (25 e 26 de maio). A coprodución que pechará o semestre será Se fosen turistas levarían gafas de sol, escrita e dirixida por Fran Núñez, e a cargo da compañía Limiar Teatro.

Pero á programación no Salón Teatro de Santiago e á colaboración do CDG coas compañías, hai que engadirlle as residencias artísticas que se levarán a cabo, segundo expuxo ea directora do CDG, Fefa Noia. Trátase de montaxes de Artesa Cía, Colectivo Marciano Balboa e de Redrum Teatro. 

Nesta tempada tamén seguirá Teatro Ob-Sceno, haberá varios talleres formativos, ademais de acoller outras representacións teatrais doutras compañías. 

Sobre o título elixido para a tempada, "Fagámola boa!", a directora do CDG destacou que ten que ver con poñer en valor a capacidade de risco no escenario.

Pola súa banda, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, destacou que nesta programación queda claro o papel do CDG como «ferramenta» para o resto de compañías galegas, incidindo nesa tarea de «dialogar, interactuar e reforzar» o que están facendo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O CDG dá voz á dramaturxia galega na nova tempada