O escultor Salvador GB Pereira converte o material de refugallo en arte

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

A Casa do Cabido acolle medio cento de pezas que o artista fixo nos últimos oito anos

17 ene 2019 . Actualizado a las 20:49 h.

Un peregrino feito de papel trenzado invita dende unha das fiestras da Casa do Cabido a entrar e sumerxirse nunha mostra «rompedora», «innovadora» e «sorprendente». Eses son os tres adxectivos que máis se escoitaron referidos a Nun recuncho de ningures, a exposición do artista compostelán Salvaldor García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU, que reúne medio cento de pezas. 

Trátase especialmente de esculturas, aínda que tamén hai algunha pintura, que o artista crea a partir de materiais como o papel, o cartón e a madeira. Uns materiais de refugallo que cobran unha nova vida. 

O artista explica que estas obras son resultado dun traballo «laborioso e experimental». A primeira peza que fixo foi para representar o seu can e, a partir de aí, tamén foi explorando as tres dimensións e, ultimamente, tamén introduciu os materiais de refugallo na súa pintura, un aspecto no que agarda profundizar nos próximos anos. Dí que non é posible cuantificar o tempo que leva facer unha das pezas porque vai combinando varios procesos á vez, pero pode levarlle ata un mes. 

A mostra que foi inaugurada na Casa do Cabido permanecerá aberta ata mediados de marzo. O acto estivo presidido polo alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, que destacou o uso dos materiais dun xeito innovador e salientou «a boa maridaxe» co propio edificio. A xerente do Consorcio, Belén Hernández, incidiu en que se trata dunha mostra «rompedora» e «innovadora»