Adeus ao pallaso que engrandeceu o circo galego

O fundador de Pista Catro faleceu onte logo de loitar contra a enfermidade


santiago / la voz

O mundo do clown parou onte un intre. Fíxoo para despedirse dun pallaso. Do meirande pallaso. Do pallaso que traballou arreo para facer grande o circo. O circo galego. Manuel Lago García, coñecido como Manu Lago, Manu Malabaranda, morreu onte logo de loitar longo tempo coa enfermidade. Clown e malabarista de extraordinarias habelencias, logo de licenciarse en Circo pola escola británica Circus Space, da Universidade de Kent, converteuse nun dos socios fundadores de Pista Catro, unha compañía pioneira en crear, producir e distribuír proxectos de novo circo e cabaré. Desperta! é un dos espectáculos que consolidou a Manu Lago como un dos referentes do clown galego. Outono, o espectáculo co que Pista Catro celebrou os seus dez anos de vida e que reuniu a varios dos seus fundadores para facer unha emotiva homenaxe aos pallasos clásicos, foi a derradeira produción na que Manu Lago participou de xeito activo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
20 votos
Comentarios

Adeus ao pallaso que engrandeceu o circo galego