«A derradeira leición do mestre», un cadro de récord

Recibiu preto de 11.000 visitas no seu primeiro mes en Galicia, a cifra máis elevada nese período na Cidade da Cultura


A exposición Castelao maxistral, que amosa por primeira vez en Galicia o cadro A derradeira leición do mestre, que foi pintado polo intelectual galeguista, recibiu preto de 11.000 visitas no seu primeiro mes de apertura no Museo Gaiás. Deste xeito, segundo destacan dende a Xunta, convértese na mostra que máis visitantes atraeu durante os seus primeiros trinta días na Cidade da Cultura. Entre os que acudiron a vela atópanse máis de 900 escolares procedentes de dezaseis centros educativos. O Museo Gaiás rexistrou setenta escolas máis interesadas en coñecer o cadro de Castelao.

Por outra banda, a partir de mañá poderanse retirar as entradas gratuítas para asistir ao concerto que o 1 de decembro ofrecerá a Sociedade Coral Polifónica.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«A derradeira leición do mestre», un cadro de récord