Santiago acollerá este sábado o segundo Festival Rosalía

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

XOAN A. SOLER

Son máis de dez horas de actividades na praza de Cervantes coa escritora como gran referente

24 sep 2018 . Actualizado a las 13:15 h.

A praza de Cervantes acollerá este sábado, de 11 a 21.30 horas, a segunda edición do Festival Rosalía, no que os produtos ligados á escritora serán os protagonistas. «Rosalía é esa icona que vende Galicia fóra», asegurou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, entidade organizadora desta iniciativa. Serán trece postos, entre os que hai librarías, pero tamén outros comercios de venda de camisolas, cervexa...

Como complemento a actividade comercial, haberá música con Uxía Senlle, Son Trío e Val das Mouras, que pechará cun concerto baseado na obra poética de Rosalía. Durante a xornada, Os Quinquilláns ofrecerán pasarrúas teatralizado, mentras que Vella Escola organizará talleres de grafite e rap. A oferta complétase con un espectáculo de danza con Ánxela Blanco e Mónica de Nut. 

Pola súa parte, a concelleira de Turismo, Marta Lois, destacou que esta segunda edición do festival incide tanto no comercio de proximidade como nesa aposta polo turismo de calidade