Habelas Hainas leva a súa ollada feminista á Praza da Quintana

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

Ana Garcia

O grupo compostelá actúa por primeira vez no festival Feito a Man despois de oito anos de traxectoria

14 ago 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

22.15 horas • Praza da Quintana • «Habelas Hainas somos todas as mulleres silenciadas e invisibilizadas». Así comeza o prólogo do disco Livres e loucas, primeiro da banda compostelá formada por Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo. Deste xeito tamén abrirá o concerto desta noite en Feito a Man, onde o grupo de música de raíz galega actúa por primeira vez despois de oito anos de traxectoria.

«Ímonos sentir como na casa porque as rúas de Compostela xa nos coñecen e nós a elas. Vamos a disfrutalo», explica Jara Ortiz. Neste concerto mesturarán temas que só ofrecen en directo cos de Livres e loucas. «O disco supuxo un antes e un despois. Nós somos unhas músicas que nos coñecemos nas tascas e agora chámannos moito máis e empezamos a subir a outros escenarios», di.

¿Tiñan claro levar a cabo esa loita feminina a través da música? «Sáenos de xeito natural. É fácil porque as catro temos a mesma enerxía e visión das cousas. Para nós era natural reivindicar a muller na música», asegura Ortiz. Aínda que están «saboreando» este disco que presentaron a finais do 2017, xa pensan en darlle continuidade. A corto prazo, á banda agárdanlle citas no Vilariño Folk, en Benavente e Teo, entre outras.

Hoxe, a programación do festival Feito a Man empezará coa actuación de Soulwide y Los Vagos de Lalín (21 horas, praza de Mazarelos).