Un curso de verán revisará a situación actual do galego e o seu futuro
SANTIAGO / LA VOZ
SANTIAGO CIUDAD
A matrícula poderá formalizarse de xeito presencial ou virtual ata o 15 de xuño
06 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O curso que leva por título Galego, porta aberta para o mundo, revisará o estado actual do idioma e as súas posibilidades de futuro nun dos programas que forman parte da oferta dos cursos de verán da USC e que se vai desenvolver entre o 26 e o 29 de xuño na Facultade de Filoloxía. O programa dirixido por Teresa Moure ten como obxectivo contribuír a unha planificación rigorosa que evite o esmorecemento da lingua entre os sectores máis novos, e analizará as posibilidades que ofrece a súa dimensión internacional. O programa pretende, ademais, construír un foro de debate sobre a cuestión.
A matrícula poderá formalizarse de xeito presencial ou virtual ata o 15 de xuño.