Doce películas de dez nacionalidades compiten na Mostra de Cine Etnográfico

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

25 may 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Do 4 ao 10 de xuño • A Mostra Internacional de Cine Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 4 ao 10 de xuño, contará nesta decimo terceira edición cunha ducia de filmes competindo na súa sección oficial. Trátase de traballos procedentes de Bélxica, Alemaña, Francia, Perú, Venezuela, Arxentina, Portugal, ademais de España. Entre elas, hai tres galegas: Os fillos da vide, Nocturno: fantasmas de mar en puerto e Palmira, que aspirarán non só ao Premio á Mellor Película -que conta cunha dotación económica de 900 euros-, senón tamén ao de Mellor Película Galega -700 euros-. Ademais, os asistentes ás proxeccións outorgarán os premios dos públicos.

Da ducia de filmes, catro proxectaranse por primeira vez en España e seis serán estrea en Galicia, segundo destaca a organización. As proxeccións desenvolveranse no Museo do Pobo, o Teatro Principal o Salón Teatro e o Cinema Numax.

Ademais da sección oficial, tamén haberá o ciclo Etnografíá, muller e cinema; Trazas e Espiello. Tamén haberá unha mesa redonda e talleres para o público familiar.