O ILG presenta un novo corpus lingüístico para o galego que inclúe textos descoñecidos

Recolle a produción escrita ao longo dos séculos XVI, XVII y XVIII


santiago / la voz

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC vén de poñer a disposición do público a través da súa páxina web un novo corpus lingüístico para o galego que inclúe unha serie de textos descoñecidos ata o momento. Baixo o nome de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, o ILG vén de reunir a produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. O proxecto foi dirixido por Ernesto González Seoane e por Rosario Álvarez e contou con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade.

O novo corpus ofrece unha multiedición de todos os textos que conforman Gondomar, que inclúe sempre dúas versións: unha transcrición de carácter paleográfico ou moi conservadora e unha edición interpretativa. Permite a posibilidade de navegar entre unha e outra edición do texto. Ademais, o corpus inclúe unha reprodución fotográfica dos textos orixinais ou das copias que serviron de base para a edición.

Unha das principais novidades é que se inclúen unha serie de textos que eran descoñecidos ata o momento. Entre eles é salientable o Entremés al feliz y real parto de nuestra Reyna, que foi composto no ano 1707 por Salvador Francisco Roel. Descuberto por Julio Rodríguez Montañés, está enmarcado na Guerra de Sucesión española e foi escrito para celebrar o nacemento do primeiro fillo de Filipe V e María Gabriela de Savoia, un rapaz que chegaría a reinar brevemente co nome de Luís I. Este é o texto máis antigo impreso en lingua galega publicado como obra independente.

Aberto á participación

Todos os textos que se inclúen en Gondomar están lematizados e conteñen anotación morfosintáctica. Iso permite multiplicar as posibilidades de explotación a través da aplicación da busca. O corpus que agora ofrece o Instituto da Lingua Galega da USC seguirá medrando proximamente con novas achegas e ademais está aberto á colaboración dos investigadores que desexen participar.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O ILG presenta un novo corpus lingüístico para o galego que inclúe textos descoñecidos