A Correlingua de Compostela premiou a  alumnado de Santiago, Ribeira, Rois e Boqueixón

Participaron 1.400 estudantes de 18 centros e na entrega dos recoñecementos estiveron o alcalde da cidade e a vicepresidenta da Deputación


Santiago / La Voz

Alumnado de 18 centros de ensino non universitarios de Santiago e municipios das comarcas próximas participaron na edición deste ano de Correlingua. Esta é a «carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos», segundo a define a organización: o sindicato CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística. «A nosa lingua non para» foi o lema escollido nesta ocasión. En total 1.400 estudantes, segundo a organizaciónentros, de Compostela, Ames, Vedra, Rois, Teo, Boqueixón, Ribeira, Caldas de Reis e Vimianzo partiron da praza da Quintana, pasadas as 11.00 horas e, após un percorrido pola zona monumental da cidade, finalizaron na mesma praza, onde regresaron desde pouco antes das 12.00 horas.

A festa final foi presentada pola actriz Isabel Risco. Os colexios recoñecidos pola animación á carreira foron o IES Leliadoura de Ribera, o CPI de Dices-Rois e o CPI de Boqueixón, co primeiro, segundo e terceiro premios, respectivamente. Oalumnado do IES Antonio Fraguas de Santiago leu o manifesto que elaborou para este acontecemento e que conseguiu o premio autonómico, por competir con colexios de todo o país. Tamén se lembrou que alumnado do colexio Ramón Cabanillas de Compostela gañou o concurso de vídeo do Correlingua deste ano, igualmente tras competir con todo o país.

Na entrega de premios estiveron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen animou a todo o alumnado participante a «facer da lingua algo divertido e algo vivo»; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, quen anunciou o inicio da campaña «O galego, a miña lingua propia» e salientou que Santiago e a súa contorna foron sempre un referente no uso do galego; e Rubén Fernández, do sindicato CIG-Ensino, quen encoraxou para empregar a lingua galega todos os días.

Tamén actuaou o grupo Cuarta Xusta, de Melide, como gañador do concurso Cantalingua.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

A Correlingua de Compostela premiou a  alumnado de Santiago, Ribeira, Rois e Boqueixón