O Consello da Cultura Galega homenaxea a María Victoria Moreno coa edición facsimilar de «Mar adiante»

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

XOAN A. SOLER

Tamén inclúe o conto mecanoscrito «Crarisca», que a autora lle adicou a Sara Alonso Pimentel

03 may 2018 . Actualizado a las 20:00 h.

Unha reedición facsimilar de Mar adiante, tal e como foi editado por Edicións do Castro en 1973, serve de homenaxe do Consello da Cultura Galega a María Victoria Moreno, protagonista este ano do Día das Letras Galegas. Unha edición que está acompañada tamén do conto manoscrito Crarisca, que conta con debuxos da autora e que esta lle regalara a Sara Alonso Pimentel. Trátase de cincocentos exemplares numerados con dous estudos introductorios.

Esta edición non venal foi presentada polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o escritor Xesús Alonso Montero -autor dun dos textos introdutorios-, Sara Alonso e Pedro Ferriol. Este último, o seu viuvo, lembrou que María Victoria Moreno fixo época na literatura infantil. "Fue una adelantada a su tiempo», asegurou, lembrando o protagonismo dos seus contos para unha nena. 

Sara Alonso Pimentel indicou que o «ronsel de amor» de María Victoria Moreno foi o que propiciu a que se animara a desprenderse do conto que lle dedicara. Pola súa banda, Xesús Alonso Montero lembrou que «Mar adiante» é o primeiro libro de María Victoria Moreno en galego e foi él o que coidou daquela primeira edición en 1973.