Programación completa para aproveitar ao 100 % a Foliada de Melide

Natalia Rodríguez Noguerol
Natalia Noguerol MELIDE / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

Dende hoxe ata o domingo músicos e afeccionados de toda Galicia danranse cita nun encontro de exaltación do folclore popular

29 abr 2018 . Actualizado a las 22:24 h.

Músicos e afeccionados de toda Galicia danse cita dende hoxe ata o domingo na vila con motivo dun encontro que, logo de catorce edicións, está máis que consolidado como referente na exaltación do folclore popular propio. Artesanía, exhibicións e talleres de baile, e xogos populares tamén forman parte, entre outras propostas, dunha convocatoria que mantén como fío condutor un concurso de cantos de taberna e unha marcha gaiteira con posterior serán. Os cabezas de cartel nesta ocasión son a Banda das Crechas, The Turre´s Band, e Odaiko e Vanesa Muela

Venres 27 de abril 

- 20.30 horas. Animación de rúa con xigantes e cabezudos

- 22.00 horas. Casa da Cultura

Bruno Villamor presenta o cedé-libro O gaiteiro de Santo Xusto. Estará acompañado no escenario por Tango en Xan3iro, Davide Salvado, Germán Díaz, Zoelas e Herba Grileira.

 

Sábado 28 de abril

- 11.00 horas. Apertura da Mostra de artesanía. Na praza do Convento

- 11.30 horas. Animación de rúa con xigantese e cabezudos e con Os Treboeiros da Muimenta

- 12.00 horas. Concurso de cantos de taberna

Vinte agrupacións percorrerán os bares da zona vella da vila. Ás 15.30 horas entregaranse os premiso ás tres mellores formacións na praza das Coles

- 17.00 horas. Animación de rúa con Os Treboeiros da Muimenta

- 18.00 horas. Obradoiro de baile con Ruth Pérez e Bico da Baoluta. Na praza do Convento

- 19.00 horas. Marcha gaiteira. Trece agupacións de música tradicional farán un percorrido polas principais rúas da vila para xuntarse ás 19.30 horas na praza das Coles e dar comezo ao Serán.

- 00.00 horas. Concertos de Banda das Crechas e The Turre´s Band. Na praza das Coles. De acceso gratuito

 

Domingo 29 de abril

- 11.00 horas. Apertura da Mostra de artesanía. Na praza do Convento

- 11.30 horas. Animación de rúa con xigantes e cabezudos

- 12.00 horas. Presentación do libro Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral, de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio. Na capela de Santo Antón

- 13.00 horas. Actuación da Banda de gaitas Ximiela. Na praza do Convento