Antonio López: «Síntome abraiado con tanto cariño»

Susana Luaña Louzao
susana luaña SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

A camiseta do Obradoiro, a cunca do Madrid... Detalles dunha mudanza no reitorado da USC. De novo no Obradoiro; do Sar, á praza

27 abr 2018 . Actualizado a las 22:15 h.

A primeira xornada de Antonio López (Barreiros, 1964) como reitor electo da USC -a proclamación definitiva será o 7 de maio- foi unha loucura, coa axenda chea de entrevistas, o teléfono que non paraba de soar e ata o presidente da Xunta en directo polo móbil felicitándoo e obrigándoo a rematar, xa sen remedio, esta entrevista. Aínda así, trala festa por ter acadado case o 63 % dos votos, foi quen de durmir. «Non moito pero durmín. Durmo bastante ben salvo hai uns días durante a campaña que durmín peor»

-Gañou por goleada.

-Sorprendeume o resultado. Contaba con que podíamos gañar pero sorprendeume. E eu estou convencido de que estas mensaxes nas que falamos de recuperar a ilusión, recuperar autonomía... principios que seguen a ser válidos e que serven para ilusionar poden estar detrás do apoio recibido.

-Cunha participación moi superior á de hai catro anos, ata dos alumnos. Que cre que mobilizou á comunidade universitaria?

-Si, tamén me sorprendeu moi positivamente, case multiplicamos por dous a participación dos alumnos, o que é bo, aínda que non podemos conformarnos co que temos, temos que seguir aumentándoo. Home, teño que ter un recordo moi especial para os alumnos de aquí, da Facultade de Dereito, que participaron cun nivel altísimo, case catrocentos votos nas urnas, máis de trescentos ao meu favor, e teño unha débeda con eles moi grande.

-Así que neste caso si que é profeta na súa terra.

-Pois si, neste caso si, e lévanme distinguindo con moito cariño estes anos, volvéronme a pedir que sexa o seu padriño tamén nesta promoción. Este xa é o terceiro ano seguido. A verdade é que síntome abraiado por tanto cariño.

-A Viaño, matemático, falláronlle as contas. Vostede, xurista, pensa que o resultado foi xusto?

-Eu si era crítico, loxicamente, coa xestión que se realizou, e a min paréceme que a comunidade captou unha das mensaxes que lanzabamos, que non vale só axustar as contas senón que hai que ver tamén as consecuencias que iso ten para a universidade.

-Aínda que vostede de contas tamén sabe, que estivo no Consello de Contas da Xunta.

-Algo diso sabemos.

-E vai levar as contas?

-Si, co apoio da xerencia, que vai levar a xestión económica máis ordinaria pero o que é a responsabilidade da planificación, orzamentos... Iso vai quedar na órbita do reitor.

-Pasa vostede da cancha do Obradoiro á praza do Obradoiro.

-Unha bonita coincidencia, si. Vamos de Obradoiro en Obradoiro. Oxalá que haxa tan boas vibracións na Praza do Obradoiro como na cancha do Sar.

-Segue interesado polo balonmán, como cando de mozo no instituto de Mondoñedo?

-Interesábame, si. Xoguei na miña etapa no bacharelato, era un equipo moi amateur, claro, pero o pasabamos ben, si. Xoguei algún partido contra alguén que agora está tamén na universidade, como é o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, que é de Foz, Antonio Mosquera. Eu era do instituto de Mondoñedo e el estudaba en Foz, eran de aquelas competicións locais que nos teñen enfrontado algunha vez.

-Segue a ser afeccionado ao Madrid?

-Si, iso tamén si, hai unha cunca por aí arriba no despacho que non deixa lugar a dúbidas.

-Que queda daquel seminarista de Mondoñedo? Xa choveu...

-Xa choveu. Gardo un magnífico recordo daqueles anos no seminario, foron uns anos moi especiais. Ata tocoume escribir un capítulo dun libro que se editou o ano pasado sobre a historia do seminario, escribín precisamente sobre esa época, despois do Concilio, unha época aperturista alí en Mondoñedo, co bispo Araújo, e alí vivín eu a Transición. Visto agora sorprende ese ambiente de apertura, fabuloso, un reflexo dos cambios que se estaban a vivir.

-Que fai cando non traballa?

-Cando non traballo gústame moito camiñar, vou nadar de cando en vez, facer cousas pola casa, amañar o xardín, son un fanático de todo iso, si.

-Tamén o xardín, como Viaño?

-Si, iso gústame, tamén, e o bricolaxe. Ata me gusta coser.

-A costura?

-Si, teño dúas máquinas de coser. Vamos, non fago nada importante, disfraces e cousas así pouco profesionais, para entreter o tempo.

-Agora non haberá moito tempo para coser, máis ben haberá que ir chamando aos bancos.

-Hai que chamar aos bancos, hai que chamar ás institucións, temos que revisar ese plan que temos para a amortización da débeda porque temos que cambiar iso.

-E á Xunta, tamén.

-Claro, porque aí non só temos que buscar apoios senón que temos tamén que contar co apoio da comunidade autónoma.

-Gañou malia o Diario Oficial de Galicia e o anuncio de convocatorias de prazas na campaña. Foi algo polémico, que pensa diso?

-Vouno deixar en que non foi nada elegante, e penso que ten escasa transcendencia e ata se queres incluso puido ter un efecto máis prexudicial que favorable dende o punto de vista do envite electoral, xa que neste caso eran prazas que xa estaban aprobadas. Vamos, que penso que foi pouco elegante.

-Total, vai ser vostede o que se beneficie desas prazas, non? Entendámonos, benefíciase a universidade.

-Ademais foron aprobadas co voto practicamente unánime do consello de goberno. Non é un tema de confrontación electoral, é un tema necesario para a universidade, que gaña a universidade.

-Poderíase pensar que vai sacar vostede rédito dos anos de aforro de Viaño?

-Cada un herda a situación que lle toca de antes, peor ou mellor. Levamos unha serie de axustes que se fixeron a costa de recortar moito a universidade, co que imos ter outras dificultades. Pero claro, tócanos xestionar isto, claro que si. Quizais aí tamén estivo un pouco a causa do resultado, que ás veces é difícil convencer a alguén de que vamos facer xusto o contrario do que estabamos a facer nos anos anteriores. É difícil transmitir esa mensaxe.

A chamada do presidente para felicitalo en persoa

Antonio López recibiu no seu despacho de Dereito unha chamada persoal do presidente da Xunta que o felicitou pola súa vitoria. Non tardarán en coincidir na praza do Obradoiro, aínda que López xa coñecía a Núñez Feijoo polos seus tempos no Consello de Contas. «A quen non coñezo aínda é ao alcalde». Non tardará.

«O xerente é unha persoa de toda confianza, pero hai que esperar, temos que falalo»

O persoal da USC tamén se decantou sen fisuras pola súa candidatura, tanto os catedráticos como os doutores, profesores e persoal de administración.

-Tentará de novo o proceso de funcionarización dos laborais?

-Institucionalmente é unha medida que pode ser interesante en termos de xestión de persoal, pero hai que contrastar se eles queren, porque o proceso depende da vontade das persoas. Se hai esa votade, haberá que negociar para non caer nos mesmos erros.

-Dixo que ía prescindir de asesores. E o persoal de confianza?

-Non vamos utilizar a figura de asesor no segundo nivel de goberno que se viña utilizando de vicerreitor ou xefes de servizo. Seguramente a universidade necesita un mínimo gabinete e logo hai outra serie de cargos para actividades concretas, pero eu ao que me refiro é a ese segundo nivel, iso non imos facelo. Vamos reforzar a estrutura xerencial, que sexa un pouco máis forte para crear esa conexión entre goberno e administración.

-Seguirá o xerente?

-Hai que negocialo entre o reitor e o Consello Social. O actual manifestou o seu interese de continuar con Viaño. É unha persoa de toda confianza, pero hai que esperar, temos que falalo.

-Vai poñer en marcha as novas titulacións que cuestionou?

-Cuestionei o procedemento. Están enriba da mesa e agora nos toca facer a mellor oferta posible para que sexan realmente atractivas e reconstruír o procedemento que non se fixo antes, que é a proposta dos centros, consello de goberno, informe do claustro, etc.

-¿É racional a oferta que hai de másteres?

-Temos que analizar os que temos e facer unha oferta máis atractiva, porque hai dificultades para cubrir as prazas.

-¿Urxen os proxectos de Medicina e Ciencias da Educación?

-Si, hai que poñelos en axenda, está algo máis avanzado o de Medicina pero non podemos esquecer o outro, que é prioritario.

-Reducir departamentos foi polémico. Pensa recuperar algún?

-Era necesario nalgúns casos, outros fixéronse sen contar coa xente. A estrutura pódese analizar por se nalgún caso houbera que buscar outra solución.

Nueve vicerrectores y ningún asesor

Falta por conocer quién asumirá la Xerencia, porque se negociará con el Consello Social

tamara montero

Cinco mujeres, cuatro hombres. Nueve responsables para otras tantas áreas de gobierno. Ningún asesor. Lo adelantaba el rector electo, Antonio López, el día que ponía cara los vicerrectores que van a acompañarlo durante los próximos cuatro años: se ha rodeado de un equipo profesionalizado para terminar con los asesores, en los que históricamente han venido recayendo cuestiones fundamentales. Será la Xerencia -que todavía no tiene responsable, porque según los estatutos debe negociarse con el Consello Social- la que lleve el grueso del ámbito económico (el rector coordinará) y la que se convierta en «soporte transversal de los nueve vicerrectorados».

Vicente Pérez Muñuzuri asumirá las áreas de investigación e innovación. El profesor de la Facultade de Física y director de MeteoGalicia entre 1999 y el 2015 ha publicado más de 120 artículos en revistas internacionales

Victoria Otero se encargará de Titulacións. La que fue hasta el año pasado decana de Matemáticas preside la comisión profesional de la Real Sociedad Matemática Española y ha presidido la conferencia de decanos de Matemáticas y colegio de decanos de la USC.

La vicerrectora de Comunicación, Cultura e Servizos será Mar Lorenzo, que ya tuvo esta responsabilidad en el gobierno de Senén Barro. Miembro del grupo Esculca, coordina el programa de doctorado en educación de la USC.

Víctor Arce se hará cargo de las áreas de Estudantes e Internacionalización. Ha sido vicedecano de Intercambios, Innovación Docente e Calidade de Medicina y director del departamento de Fisioloxía.

Gumersindo Feijoo asumirá la planificación y proyección estratégica. Es el presidente de la conferencia de decanos de ingeniería química, ha dirigido el departamento y coordinado el grado de la USC.

Ernesto González, director del Instituto da Lingua Galega y catedrático que ejerció como decano de la Facultade de Filoloxía del 2004 al 2012 asumirá el área de Profesorado.

Celia Besteiro, profesora del campus de Lugo, se hará cargo de Organización académica. Ha ejercido como vicerrectora adjunta de infraestructuras en Lugo y vicedecana de economía y secretaria de Veterinaria.

Montserrat Valcárcel será la vicerrectora de coordinación de Lugo. Ingeniera Agrónoma, ha sido durante estos tres años secretaria académica y encargada de los asuntos económicos y las infraestructuras de la Escola Politécnica Superior de Lugo.

Dulce García asumirá la Secretaría Xeral. Funcionaria de carrera de la escala de gestión de la USC, ha asumido diversos cargos en la Xerencia y varias jefaturas de servicio.