«A especial extrema de San Lázaro é unha das zonas máis espectaculares para o público»

m. g. r. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Garrei

25 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Federación Galega de Motociclismo e membro do clube Móvete Na Moto leva varios días a pé de obra, colaborando nos traballos de acondicionamento do terreo.

-¿Canto esforzo hai que non se ve no trazado?

-Son dez persoas traballando durante un mes na preparación deste evento, desbrozando no monte a zona de trial, a de enduro test e a cross test. Hai máis de 8.000 estacas cravadas.

-Os afeccionados ao enduro máis non poden pedir.

-É un logro. Hai quince anos que non vén a Galicia una campionato do mundo de enduro. Ao nacer como club o obxectivo era poder organizar unha proba como esta e conseguímolo. Todo o mundo ao que lle gusta o motociclismo ten unha cita importantísima esta fin de semana en Santiago de Compostela. É como unha proba de moto GP pero neste caso un gran premio de enduro.

-Como afeccionado e implicado na preparación do trazado, ¿que zonas recomenda aos espectadores?

-As zonas máis espectaculares para o público e para estar moi tranquilo e ver todo o evento son as do estadio de San Lázaro, onde está a especial extrema. Logo, a dous quilómetros, no polígono de Costa Vella, están o enduro test e o cross test. Está pensado para que o público poida ver unha pasada pola extrema, unha polo enduro test e outra polo cross test. Entre especiais haberá máis dunha hora de marxe, e entre enduro test e cross test arredor de corenta minutos. Dá tempo a moverse no coche e velo todo.

-¿Están todos os que son?

-Veñen todos os favoritos. Fáltanos un español, Cristóbal Guerrero, que está lesionado. Hai un nivel altísimo.

-¿Como lle vai ao enduro en Galicia?

-Algo frouxos. Trataremos de recuperalo pouco a pouco.