Santiago: Rocío Leira gaña o Premio Relato Curto de Alumni USC
Foi galardoado o seu texto Paxaros caídos
La Voz de Galicia
A obra Paxaros caídos, de Rocío Leira Castro (Cee, 1979), alzouse como gañadora da duodécima edición do Premio Relato Curto que convoca a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni). O xurado elixiu este texto por unanimidade logo de valorar a trintena que se presentaron á convocatoria. A galardoada recibirá 500 euros, dotación económica do premio grazas ao patrocinio do Instituto Policlínico La Rosaleda.
O xurado destacou a boa planificación da historia, coidado estético, léxico elaborado e un final suxestivo. A autora aborda en Paxaros caídos un problema como é a violencia de xénero.
También en La Voz
Carolina Darias: «La situación actual no permite llevar a cabo manifestaciones el 8M»
La Voz de Galicia
Comentarios