A alcaldesa de París e os rexedores de Los Ángeles e Palermo, finalistas da primeira edición do Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

O galardón está organizado polo Casino e dará a coñecer o seu fallo o 7 de maio

06 abr 2018 . Actualizado a las 17:55 h.

O Casino de Santiago convoca a primeira edición do Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor co que pretende recordar un momento moi dulce da nosa historia e premiar a persoas ou entidades que fomenten o diálogo, a concordia e a fraternidade. Neste primeiro ano os finalistas son Ana Hidalgo, alcaldesa de París; Eric Garcetti, alcalde de Los Ángeles, e Leoluca Orlando, rexedor de Palermo. «Os tres se caracterizan por preocuparse polos que están nunha situación máis difícil», asegurou Ubaldo Rueda, apuntando que moitas veces os Estados non están respondendo, pero as cidades si.

O fallo do premio será o 7 de maio, lembrando a data na que Lorca impartiu unha conferencia no IES Rosalía. O premio serán unha figura obra de Ramón Conde, que supón unha alegoría á viaxe, a emigración, a cultura e a elegancia. 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, indicou que este premio tamén servirá para darlle visibilidade á nosa cultura e á nosa lingua. 

O patrocinador do premio é Benigno Pereira, presidente do Consello de Administración de Queixos Bama, que tamén asistiu á presentación do premio convocado polo Casino.