Darío Villanueva advirte dos perigos da posverdade

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

XOAN A. SOLER

O presidente da RAE disertou sobre a distorsión da realidade na charla en San Roque

20 mar 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

«O que máis me preocupa é a suplantación do real polos signos do real». As palabras son de Darío Villanueva, actual presidente da Real Academia Española (RAE) e primeiro director técnico da área de literatura do Centro Ramón Piñeiro, que onte abriu os actos conmemorativos do 25 aniversario da entidade investigadora cunha charla sobre á posverdade, unha palabra que acaba de ser incluída no dicionario da RAE coa definición de «distorsión deliberada de una realidad, que manipula creencias y emociones con el fin de influir en la opinión pública y en actitudes sociales».

Darío Villanueva fixo un repaso desde as orixes da posverdade, de Maquiavelo a Goebbels, Ronald Reagan ou Trump. No caso do presidente de Reagan lembrou como repetiu varias veces uns feitos relativos a unha condecoración a un soldado que non foran certos baseándose nunha película de ficción e como se defendera isto dende o seu gabinete dicindo que «se contas unha historia cinco veces pasa a ser certa».

Villanueva rematou a súa intervención preguntándose se «a tecnoloxía audiovisual e as novas plataformas comunicativas poderán destruír dunha vez por todas a nosa facultade de discernir entre verdade e mentira, entre historia e fábula».

Este primeiro acto do 25 aniversario do Centro Ramón Piñeiro estuvo presidida polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que destacou o traballo investigador da entidade. A próxima actividade será en maio, cunha xornada centrada nos estudos que se fixeron ao longo dos últimos anos. A programación seguirá ata novembro con novos encontros e unha exposición.