Dolores Fernández: «A sociedade non pode instalarse no paradoxo moral cos refuxiados»

Tamara Montero
Tamara montero SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

Dous profesores da USC coordinaron un monográfico sobre políticas migratorias

06 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Froito das achegas científicas do primeiro Congreso internacional sobre migración e refuxio no continente europeo que se celebrou no Campus Terra (Lugo) no 2016 naceu o monográfico Migración e Refuxio en Europa, un compendio de artigos que se publicación na Revista Lusófona de Educação. Dolores Fernández Tilve, xunto con Gonzalo Francisco Fernández Suárez, ambos os dous profesores da USC, foron os editores convidados deste monográfico.

-Procuran ofrecer propostas máis acaídas coas necesidades actuais en políticas migratorias.

-O congreso internacional serviu para analizar a situación actual do migrante e do refuxiado en Europa dada a presenza de riscos socioeducativos emerxentes, como consecuencia das recesións económicas e das crises humanitarias e ambientais que estamos vivindo. No seu momento quixemos dar visibilidade e voz a eses miles de refuxiados e emigrantes que se atopan nunha situación de exclusión social, e poñer de manifesto a necesidade de sensibilizar sobre a formación para a prevención e a atención axeitada destes colectivos vulnerables. Con este monográfico damos un paso máis firme e comprometémonos coa transferencia de coñecemento aos profesionais que traballan con estes colectivos. É dicir, ofrecer un material para servir de axuda á creación de protocolos específicos no ámbito escolar e social.

-¿Actualmente non existen?

-O que estamos vendo é que os profesionais que traballan con eses colectivos vulnerables non teñen esas ferramentas nin eses protocolos para poder atendelos de maneira axeitada.