A Universidade súmase aos actos contra a violencia de xénero

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Entrega premios, organiza unha mostra e o alumnado participa para dar visibilidade e rexeitar esa eiva social

23 nov 2017 . Actualizado a las 00:13 h.

Enmarcados na conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero, a Universidade de Santiago levará a cabo unha serie de iniciativas co fin de rexeitar esa eiva social. Ademais de entregar os premios dos certames de fotografía Ruth Matilda Anderson, a biblioteca de Ciencias da Comunicación organizará unha mostra cos fondos que mellor reflictan a importancia da imaxe na violencia de xénero, e o alumnado de Socioloxía da Educación prepara actividades de visibilidade nas rúas de Compostela. A USC lerá un manifesto institucional, ademais de participar na campaña municipal Compostela en negro.