Estíbaliz Espinosa gaña o decimoquinto Premio de Poesía Afundación

O xurado valora «a coherencia dun discurso poético sólido, o potencial evocador das imaxes e a orixinalidad das referencias que apelan á difensión científica» na obra «As neuronas irmás»


Santiago / La Voz

«Pola coherencia dun discurso poético sólido, o potencial evocador das imaxes, así como a orixinalidade das referencias que apelan á dimensión científica do ser humano biolóxico e emocional» o xurado vén de escoller As neuronas irmás, de Estíbaliz Espinosa, como a gañadora do decimoquinto Premio de Poesía Afundación. O poemario foi escollido entre 29 presentados por un xurado composto polas escritoras Berta Dávila e María Neves Soutelo, o escritor Mario Regueira; Xabier Castro, escritor e secretario do xurado, e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado. As neuronas irmás será agora publicada na colección Arte de Trobar, que xa conta con máis dunha ducia de poemarios de autores noveis e consagrados.

Estíbaliz Espinosa escribe dende o enfoque «dunha cultura única -como define a propia autora- :a simbiose entre a ciencia e as humanidades, así como o eixe entre muller, tecnoloxía, palabra e ciencia». É autora de seis libros de poemas, entre eles Pan, Premio Esquío 1999, -orama (Colección Tambo, 2002) ou Número e, co que acadou o Premio Espiral Maior no 2001. Licenciada en Socioloxía e Filoloxía Hispánica, compaxina a impartición de charlas, cursos e obradoiros co eu labor como mezzosoprano e como compositora para a Orquestra Sinfónica de Galicia. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Estíbaliz Espinosa gaña o decimoquinto Premio de Poesía Afundación