Unha mostra recuperará a figura do fotógrafo lucense Baldomero Pestana

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

A exposición poderá verse o 27 de abril no Museo Gaiás e, con anterioridade, no Instituto Cervantes de Madrid

15 nov 2017 . Actualizado a las 13:08 h.

Saldar unha débeda cun dos grandes creadores galegos da segunda metade do século XX. Iso pretende a exposición sobre o fotógrafo Baldomero Pestana (Castroverde, 1917-2015) que poderá verse no Museo Gaiás de Santiago a partir do 27 de abril e, con anterioridade, dende o 15 de febreiro, no Instituto Cervantes de Madrid.

A mostra «Pestana, a verdade entre as mans» recollerá a faceta de retratista do fotógrafo lucense, que é a máis coñecida, pero tamén imaxes de rúa, espidos ou retratos das viaxes. Son 150 instantáneas nas que poderán verse como inmortalizou a escritores e intelectuais como Pablo Neruda, García Márquez, Vargas Llosa, Man Ray ou Dizzy Gillespie.

O proxecto foi presentado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e polo director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, xa que neste proxecto colaboran ambas institucións. «É un gran fotógrafo e un grande descoñecido da cultura galega», afirmou Rodríguez, indicando que coa mostra pretenden «saldar esa débeda cun dos grandes creadores de Galicia». Pola súa banda, Bonet engadiu que con este proxecto quérenlle dar «el empujón definitivo» para que se coñeza o seu traballo.