O Padroado do Museo do Pobo reúnese polos 40 anos

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

28 oct 2017 . Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo Galego inicia hoxe a súa semana de portas abertas, que se manterá ata o 3 de novembro de 11 a 20 horas, con motivo da celebración dos 40 anos da apertura das tres primeiras salas, o que tivo lugar o 29 de outubro de 1977. Esta mañá, a partir das 12 horas, terá lugar o acto institucional. Haberá unha asemblea extraordinaria do Padroado aberta ao público con asistencia dos representantes do Museo e das distintas entidades e institucións que forman parte deste órgano. Está prevista a asistencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entre outros.

Pola tarde, a partir das 19 horas, será o momento da música co percusionista Roberto Oliveira, que mesturará instrumentos tradicionais e técnicas musicais contemporáneas nunha sesión de 60 minutos de libre movemento polo claustro do Museo do Pobo Galego. O músico interpretará seis temas.