El galardón le será entregado el día 15 de septiembre
27 jul 2017 . Actualizado a las 23:42 h.
O profesor emérito Manuel Bermejo Patiño, catedrático de Química Orgánica da USC, é o gañador da primeira edición do premio Luís Porteiro Garea polo uso que ao longo da súa carreira fixo do galego e pola promoción do idioma nos cargos que ocupou tanto na USC como na CIUG. O xurado, que acadou o seu fallo por unanimidade, recoñece así a defensa que o profesor fixo do galego desde o inicio da súa carreira docente nos anos 70 e pola «pegada que o seu compromiso deixou en miles de alumnos e alumnas».
O premio se lle entregará o 15 de setembro coincidindo co aniversario da primeira lección en galego da que se ten constancia e que foi pronunciada no Paraninfo da Universidade -onde tamén se fará entrega do galardón- o 16 de setembro de 1915 polo profesor Porteiro.