Miradas esclarecedoras sobre 25 concellos

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Fallado el concurso infantil de dibujo y redacción que organiza La Voz de Galicia

11 jun 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

Gran participación en el concurso infantil de redacción y dibujo Coñece o teu concello, tanto en cantidad como en calidad. Escolares de la mayor parte de los veinticinco municipios que conforman el ámbito de la edición de Santiago de La Voz participaron en la octava edición del certamen aportando su esclarecedora visión, narrada o dibujada, de su entorno de vida más inmediato. Los ganadores son, en la modalidad de dibujo (hasta 8 años de edad), Iago Docampo Rodríguez (alumno de 1º de Primaria en el colegio Divino Maestro, de Santiago), primer premio; y accésits para Víctor Negreira Martínez (cursa 1º de Primaria en el CEIP Barrié de la Maza, de Santa Comba) y Diego Seoane Pino (1º de Primaria en el CEIP Monte dos Postes, de Santiago). En redacción (9 a 12 años), el primer premio es para Isabel Carballal Zamudio y, los accésits, para Xiana Leis Tuñas y Roque Porto Rodríguez. Los ganadores del concurso que organiza La Voz con la colaboración de la Diputación de A Coruña y el Concello de Santiago recibirán un Apple iPad mini (sendos primeros premios) y tabletas Samsung (los cuatro accésits).

primer premio

Xa camiñaba dificultosamente, cos pés cansos, e a cabeza perdida. Non conseguía centrar a miña atención noutra cousa que non fora o peso que levaba ás costas. A pesares disto, seguía o meu camiño, sentindo cada vez máis preto a maxia da cidade á que me dirixo. Supoño que xa saberedes o motivo da miña viaxe.

Son un peregrino, que leva camiñando longos meses, co fin de chegar a coñecer a cidade que está en boca de todos. Adentrarme nas súas rúas, que desembocan en prazas, formando un labirinto cheo de historia e de monumentos, vellas bibliotecas, rebosantes de sabiduría e marabillosas lendas que contar.

E despois de todas estas marabillas, aínda vos queixaredes da choiva! Pero ben sabedes que é precioso camiñar baixo soportais e ver as gotas esvarando polos paraugas, pelexando por ser as primeiras en baixar do ceo, ata chegar á famosa cidade de Compostela. Algunhas afortunadas logran unirse ás cristalinas augas dos pequenos regatos, ou caer no interior de grandes fontes, e agardar. Agardan a que algún soñador tire unha moeda, xa que conta a lenda que nesta terra atópanse as prestixiosas fontes dos desexos.

E aínda nin mencionei a coñecida catedral! Pero antes terei que chegar, xa que estou seguro de que agocha miles de segredos que esperan a ser descubertos por curiosos coma min. Ou mellor dito, coma vós! A que esperas? Coñece o teu concello!

Isabel Carballal Zamudio. 12 años. 6º de Primaria. Colegio Manuel Peleteiro. Santiago.

accésit

No meu concello, Santiago de Compostela, hai moitas cousas que se poden contar. Neste caso, eu vou contar a historia das escalinatas da praza do Obradoiro que, casualmente, sempre son 33 chanzos. Para min é moi importante porque se meu pai non chegase ese día que vou contar a descifrar a mensaxe que lle mandou a miña nai por sms, eu non houbera nacido. Todo comezou o día 14 de agosto do 2001, no que a miña nai mandoulle a mensaxe ao meu pai dicíndolle: «Vémonos no chanzo 33». Era a primeira cita. A miña nai xa levaba media hora esperando e meu pai preguntoulle á súa nai que era o chanzo 33, e ela contestoulle: «É o último escalón dende arriba e dende abaixo das catro escaleiras da Praza do Obradoiro». O meu pai colleu o coche e saíu correndo cara Santiago a toda máquina. A miña nai xa levaba dúas horas esperando sentada cando... chegou meu pai e tiveron unha cita. Ao ano seguinte volveron a repetilo, e ao ano seguinte, e ese meu pai declaróuselle á miña nai.

Eu escribo isto porque creo que os detalles máis insignificantes das cousas son as que fan as cousas realmente importantes.

Roque Porto Rodríguez. 10 años. 5º de Primaria. Colegio Compañía de María. Santiago.

accésit

Chámome Pedra e levo moitos anos vivindo na améndoa de Santiago, e digo améndoa porque non estou sempre na mesma rúa.

O primeiro lugar no que estiven foi nunha praza que tiña unha fonte no medio, nesta había unha estatua. Aquí estiven un verán enteiro. Pasaban milleiros de peregrinos cada día que se dirixían cara á Catedral. Esta tiña que estar preto porque se escoitaban os sons dunhas campás. Eu non sabía como se chamaba a praza na que estaba, pero unha mañá escoiteille a unha mestra como lle explicaba a un grupo de nenos que a estatua era de Miguel de Cervantes, de aí o nome de Praza de Cervantes.

Un día unha nena confundiume coa súa pelota e levoume ata un mercado onde a xente mercaba e vendía todo tipo de alimentos frescos. Aquí só había movemento polas mañás, as tardes eran moi aburridas porque o mercado pechaba. Neste lugar estiven pouco tempo e grazas a un comerciante que vendía verduras marchei da Praza de Abastos no medio dunha caixa de patacas e fun parar á Rúa do Vilar, onde pasei un inverno enteiro, xa que ó longo da mesma hai uns soportais que fan moi fermosa esta rúa e ao mesmo tempo serven para protexer da chuvia á xente que por ela pasea. É unha das máis antigas desta cidade, onde se atopa o Pazo de Vaamonde, que era un pazo urbano da alta sociedade dos séculos XIX e XX. Hai outro edificio, chamado a Casa do Deán, que ten unha entrada de pedra moi traballada e garda a cuncha do peregrino, onde os peregrinos recollían a compostela. Dende aquí tódalas noites miro a fermosura da torre da Berenguela iluminada. Que sorte teño de estar en Compostela!

Xiana Leis Tuñas. 10 años. 5º de Primaria. Colegio Vilas Alborada. Santiago.