Alba Pérez Barcala e Alba Pérez Carrera, gañadoras dos premios Minerva

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

A entrega será o próximo día 30 ás 17 horas no colexio Manuel Peleteiro

04 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O relato Lembras?, de Alba Pérez Barcala (IES de Cacheiras, Teo) foi o gañador na modalidade de narrativa da 45.ª dos Premios Literarios Minerva, organizados polo colexio Manuel Peleteiro. Segunda quedou Sandra Ferreiro (IES García Barros, A Estrada), e terceira, Lucía Blanco (IES Eusebio da Guarda, A Coruña). Recibiron accésits Iago Fraga (IES Francisco Asorey, Cambados); Celia Fidalgo (Colexio Manuel Peleteiro, Santiago); e Iván Tubío (IES da Pobra do Caramiñal). Pola súa banda, na categoría de poesía, a vencedora foi Alba Pérez Carrera (IES Rosais 2, Vigo) pola triloxía A túa pegada. O segundo premio foi para Inés Outumuro (IES Blanco Amor, Ourense); e o terceiro, para Iria Rivas (IES San Rosendo, Mondoñedo). Carmela Franco (IES Moncho Valcarce, As Pontes), Laura Corral (Colexio Santa María do Mar, A Coruña) e Juan Carlos Rocamonde (Colexio Peleteiro, Santiago) conseguiron os accésits. A entrega de premios será o día 30 coa poeta Yolanda Castaño como manteadora,