Un concurso anima a promocionar o galego con vídeos orixinais

Susana Luaña Louzao
Susana Luaña SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Organizado polas tres universidades galegas e doce concellos, repartirá catro mil euros en premios

29 nov 2016 . Actualizado a las 20:30 h.

Coa finalidade de incrementar o uso do galego nos contextos máis populares hoxe en día, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, ademais dos concellos da Coruña, Ames, A Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove veñen de poñer en marcha o concurso de vídeos Youtubeir@s no que poderán participar maiores de 14 anos que deberán formalizar a súa inscrición en liña.

A iniciativa quere «incrementar o uso do galego nos contidos audivisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos». Os traballos que se presenten deberán ter unha duración aproximada de cinco minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e dispoñibles na rede social YouTube, 

Os vídeos poden presentarse entre o 1 de decembro e o 28 de abril, en dúas categorías: Vídeo-facernos, presenciais que poden ir desde unha receita de cociña ata a programación dunha equipa informática, ou Vídeo-opinarmos, para calquera opinión ou valoración respecto de calquera tema. O mellor traballo de cada categoría premiarase con mil euros e logo haberá catro mencións honoríficas de cincocentos euros para otros vídeos que valore o xurado, composto por profesionais da comunicación audivisual.