A comunidade universitaria resalta a figura de Xaime Isla e do científico O Sabio de Caldas

Hoxe e mañá terá lugar na Facultade de Filosofía un simposio


santiago / la voz

A comunidade universitaria da USC súmase estes días aos actos en recordo e homenaxe de dúas figuras distintas pero importantes na historia e cultura de Galicia. Por unha banda, o intelectual galeguista Xaime Isla será obxecto dun simposio na Facultade de Filosofía, e por outra, a Universidade de Santiago participa nos actos que o Concello de Caldas está a desenvolver para recordar a figura do científico independentista de Colombia de orixe galego Francisco José de Caldas, coñecido como O Sabio de Caldas.

A fundación Isla Couto e a Facultade de Filosofía organizan o simposio internacional Xaime Isla Couto, raíz e utopía de Galicia, que se desenvolve hoxe e mañá no edificio de Mazarelos. Nestas xornadas intervirán un importante número de expertos na figura do intelectual galeguista, como Carlos Baliñas, Justo Beramendi, Ramón Villares ou Camilo Nogueira.

Independentista de Colombia

A homenaxe a José de Caldas terá lugar hoxe ás 18.00 horas no Paraninfo da Facultade de Historia. O acto reunirá a académicos colombianos e profesores universitarios de Colombia e Santiago que debuxarán a figura deste científico, con raíces paternas en Caldas de Reis e que foi prócer da independencia do país suramericano. Por mor do bicentenario da súa morte, o Concello caldense quere recuperar a memoria de quen chegou a ser alcalde da cidade colombiana de Popayán, unha das máis importantes do virreinato do Novo Reino de Granada.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A comunidade universitaria resalta a figura de Xaime Isla e do científico O Sabio de Caldas